Visita á exposición do Museo de Belas Artes da Coruña: "Picasso. Branco no recordo azul"
O Museo Etnolóxico organiza unha saída dende Ribadavia para visitar "Picasso. Branco no recordo azul", exposición que forma parte da programación temporal do Museo de Belas Artes da Coruña.
A inscrición, de balde, inclúe: transporte (Ribadavia-A Coruña-Ribadavia), entrada ao Museo de Belas Artes da Coruña e visita guiada a exposición "Picasso. Branco no recordo azul".
A data límite para a inscrición é o martes 16 de maio. A Inscrición pode realizarse chamando ao teléfono do Museo Etnolóxico: 988 78 87 20 ou no mail: mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.es.
Aínda que a comida non está incluída, facilitarase unha opción con posibilidade de reserva a xente que o solicite.