Almanaque Bristol
Almanaque Bailly
Almanaque enciclopedico
Amanaque Ourense
Amanaque salud
O almanaque ou almanaque-libro ten como base información cronolóxica, meteorolóxica, astrolóxica e relixioso-litúrxica propia dun calendario, á que lle engaden noticias e documentación de interés social e cultural sobre materias diferentes: literatura, música, medicina, política, xenealoxía, historia, gramática, temas de agricultura, relixión, náutica, moda, dereito, avances científicos, biografías, etc. sendo estas a parte fundamental da publicación.
A temática dos almanaques e calendarios está relacionada coa función principal de medida do tempo, a divulgación da orde do tempo utilizando tres códigos principalmente: o astronómico-matématico, o astrolóxico e o eclesiástico.
Os almanaques tiveron moita importancia como xénero literario no século XVIII, a mediados deste século en Inglaterra hai rexistrados uns 2000 títulos, porén en España o século máis importante para estas publicacións foi o século XIX. Axudaron á aprendizaxe básica da lectura das clases populares, utilizando unha linguaxe clara e sinxela, con frases curtas, foron transmisores da cultura popular achegando: historias breves, anécdotas, fábulas, consellos, coplas, refráns, mais tamén informando das preocupacións e os intereses de cada época, incluso de cada ano. Nos almanaques conviven a cultura popular e os avances científicos.
Axudaron á aprendizaxe básica da lectura das clases populares, foron transmisores da cultura popular: historias breves, anécdotas, fábulas, consellos, coplas, “vehículos de popularización de la cultura”. Os contidos destes almanaques reflectían as preocupacións e os intereses de cada época, incluso de cada ano, así como esa pervivencia da cultura popular que permanece a pesar dos avances científicos
Miryam Carreño estuda os calendarios e almanaques como fontes para un estudo parcial da chamada “educación informal” ou non institucional das clases populares. A información que achegan son nunha linguaxe clara e sinxela con frases cortas, esta xustificación baséaa, sobre todo en dúas razóns fundamentais: por un lado a súa intencionalidade educativa e por outro a amplia divulgación popular que tiveron pois eran de fácil manexo, de baixo prezo e prácticos, distribuidos moitas veces por vendedores ambulantes polo rural. Moitos destes almanaques e calendarios eran distribuídos de balde, como o Almanaque pintoresco de Bristol editado pola empresa Lanman y Kemp, para promocinar os seus produtos de perfumería, xabóns.
Os almanaques están incluídos dentro da documentación chamada "ephemera", producida para durar pouco, para usar neste caso case exclusivamente durante o ano vixente, case sempre despois do uso os almanaques tiránbanse. A maioría dos almanaques antigos que se conservan en bibliotecas e centros de documentación son grazas a coleccionistas. As bibliotecas provinciais e a Biblioteca Nacional teñen coleccións incompletas dalgunhas series de almanaques antigos porque non tiñan Depósito Legal, co que o impresor non tiña a obriga de entregar as copias correspondentes para a súa conservación.
Un dos almanaques máis populares é coñecidos era o AlmanaqueBailly-Bailliere, segundo Honorio Velasco incluído dentro dos almanaques enciclopédicos que como indica no seu título pretendían proporcionar información práctica a todos os sectores sociais, entendendo que esta era moi variada como a sociedade mesma. O contido era sempre moi variado, esta era precisamente a característica máis destacada, tiña un índice coas materias tratadas, as informacións non estaban asinadas, ilustrados con gravados e publicidade. Empezaba con tablas cronolóxicas, astronómicas, correspondencias entre distintos calendarios, a descripción dos meses, semanas e días coa descrición do ceo.
Na Biblioteca do Museo consérvanse tres exemplares: o máis antigo de 1898, un de 1924 e outro de 1926.
Na Hemeroteca Digital da BNE pódense consultar a texto completo varios números AQUÍ.
Existen diferentes tipos de almanaques segundo a temática: enciclopédicos, de saúde, agrícolas, algúns eran esencialmente revistas literarias formadas fundamentalmente por artigos de escritores da época, sen esquecer escritos de historia, cultura popular, etnografía, arqueoloxía nos que destacan ás ilustracións con gravados. Porén a publicación sempre se iniciaba con efemérides, santoral, información meteorolóxica e astrolóxica, este era o tipo predominante de almanaque que se editou en Galicia e sudamérica a finais do século XIX con achegas de importantes escritores e escritoras, utilizando maioritariamente o castelán con algún escrito en galego sobre todo poemas.
Algúns destes almanaques galegos de finais do século XIX pódense consultar a texto completo en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia:
Almanaque humorístico de Galicia para 1878dirixido por Arturo Vázquez, editado en Ourense polo Establecimiento Tipográfico de la Propaganda Gallega.
Almanaque de Galicia para uso de la juventud elegante y de buen tono, dedicado a todas las bellas hijas del país (1863-1867) editado en Lugo por Soto Freire.
Almanaquegallego (1898-1926)>dirixido por Manuel Castro e editado en Buenos Aires.
Bibliografía:
Escolma de Almanaques Galegos (1865-1929) I edición de Manuel Quintáns Suárez; colaboración de Élida Abal Santorum, Alexandra Cillero Prieto, Luís Alonso Girgado.
Escolma de Almanaques Galegos (1865-1929) II edición de Manuel Quintáns Suárez, Élida Abal Santorum, Alexandra Cillero Prieto.