Covid e patrimonio

Share

As institucións que custodian o patrimonio cultural enfróntanse a grandes retos namentres o mundo loita coa Covid-19. As coleccións non están directamente en risco, pero a pandemia complica o seu coidado. Dende a conferencia en liña realizada pola Ontario Museum Association, Irene Karsten comparte información e recomendacións recompiladas do Canadian Conservation Institute para axudar aos responsables das coleccións.

No Museo Etnolóxico lemos as recomendacións e volas presentamos con algúns exemplos da propia institución, no arquivo "Coidando das coleccións patrimoniais durante a Covid-19" Debido ás circunstancias actuais, esta información pode mudar xa que ten que estar constantemente actualizada.

Este é o vídeo completo da conferencia en liña de Irene Karsten: