ALFONSO SOTO “FON”

Share
Do
28 de Decembro do 2023
al
30 de Marzo do 2024

 

 

 

Comisaria: Támmara Bescansa

Fondo: Colección particular

 

ALFONSO SOTO “FON”

O Museo Etnolóxico presenta a primeira exposición, das dúas que ten programadas, da obra deste artista multidisciplinar nado en Ribadavia na década dos cincuenta.

De formación autodidacta, comeza a súa actividade laboral en Vigo descargando pescado e posteriormente na construción dun depósito de auga en Teis onde é nomeado polos compañeiros delegado sindical. Cargo que repítese o seguinte ano cando trasladarse a Ourense para traballar como axustador matricero nunha fábrica de conexións eléctricas chamada CONEL. Durante a década que permanece nesta cidade comeza a pintar nun estudio compartido con Miquel Moskera, Ramón Conde, Miguel Carballo ou Emilio Cid. Etapa no que o xove artista ademais de esculpir un pequeno universo de esculturas adicase a pintar reinterpretando diferentes movementos vangardistas do século XX como o Cubismo ou o Expresionismo. Tocando temas que fan referencia as demandas da clase traballadora pero tamén a cuestións culturais.

 

Durante a década dos oitenta e grazas os seus coñecementos artísticos e dos materiais, é contratado como deseñador para a firma de moda Adolfo Dominguez. Coñecementos que refléxanse no deseño da roupa pero tamén nos complementos e diferentes tipos de ferraxes. Entre todos os seus deseños cabe destacar o maniquí minimalista empregado en centos de escaparates que a firma ourensá tiña espalladas por medio mundo.

 

Actividade que compaxina coa súa gran paixón, a pintura, cada vez máis experimental e abstracta. O seu incansable interese pola creación lévano a empregar múltiples técnicas (estarcido, ocultación, etc.) e materiais, pouco habituais entre artistas da súa contorna e xeración, como son a pintura en aerosol, terras, cristais, latas, cartóns, etc.

 

Todo isto fai de “Fon” un artista idóneo para entender a evolución da arte contemporánea e para recoñecer a súa valía como creador.

 

 

Támmara Bescansa. Comisaria.