Maqueta de Sto Domingo, autor Manuel Pueyo Varela.JPG
Ciruxía
No curso 2005/2006 a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade de A Coruña propuxo como tema do Proxecto Fin de Carreira unha intervención no casco histórico de Ribadavia a escoller entre un Centro de Información sobre o Viño e Museo da Cidade ou un Teatro e Centro Cultural; correspondendo á Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Ribadavia a selección dos edificios a funcionar como espazo de ensaio.
Non é habitual que os temas de proxecto Fin de Carreira incluían a rehabilitación de patrimonio.
De feito, a renovación urbana, a intervención en patrimonio e rehabilitación requiren unha aprendizaxe especializada polo que podemos considerar esta colección de proxectos e maquetas unha experiencia singular.
Os valores estruturais, construtivos, espaciais e populares das arquitecturas dos nosos cascos históricos moitas veces dan resposta ás incógnitas e retos que se nos presentan na actualidade.
Trátase dunha arquitectura preindustrial e por iso, sostible, que se xerou sobre a base dos condicionamentos bioclimáticos utilizando recursos do medio circundante con independencia da enerxía procedentes dos combustibles fósiles.
Por iso, a lección que nos ofrecen os conxuntos históricos e inestimábel na coxuntura de crise económica, social e disciplinar que nos afecta, onde seguramente principal vía racional para a arquitectura, e tamén o cidadán, se atope na reabilitación de lugares, barrios, espazos históricos e edificios con criterios de sostibilidade. Esta reflexión feita nun museo etnolóxico confírelle meirande pertinencia a esta exposición. Que o laboratorio de análise espacial sexa Ribadavia supón un valor engadido para montar aquí esta Mostra.
Os traballos expostos corresponden a unha selección baseada na cualificación obtida na súa lectura e defensa na ETSAC.