España Século XX: Escenas do traballo

Share
Do
14 de Abril do 2011
al
23 de Xuño do 2011
Pastores. Galicia, ca. 1900
España Século XX: Escenas do traballo
 
Colección Julio Reboredo
 
Organizada polo Museo Etnolóxico con fondos da Fundación 10 de Marzo.

 

A exposición España Século XX: Escenas do traballo é un pequeno percorrido fotográfico pola historia do traballo entre 1900 e 1997. O home e a muller como protagonistas do traballo no campo, na industria ou nos servizos, e a máquina como ferramenta básica, vertebran estas imaxes.
 
A colección de fotografías da Fundación 10 de Marzo constitúese a partir das cesións de arquivos de revistas e publicacións sindicais, de empresas e particulares, e do ingreso de fondos procedentes de concursos de fotografía. As 62 imaxes en branco e negro que conforman esta mostra organízanse en tres partes:
 
Un primeiro grupo está constituido polos traballos tradicionais como a agricultura, a minaría, a pesca e as actividades domésticas; un conxunto de tarefas nas que a forza humana resulta primordial e a mecanización é mínima.
 
Un segundo grupo son as fotos de actividades industriais, nas que a relación home-máquina no taller ou na factoría resulta determinante. Os cambios tecnolóxicos son reflectidos como un factor de progreso e de transformacións socio laborais.
 
O derradeiro grupo de fotos pretende homenaxear ao home como suxeito, individual ou colectivo, da cultura do traballo en escenas como asambleas, manifestacións ou folgas.