Do
14 de Marzo do 2014
al
26 de Abril do 2014

Detrás da máscara

Detrás da máscara

Detrás da máscara

Detrás da máscara

Detrás da máscara





Móstrase un percorrido de máis de vinte anos de fotógrafo polos Entroidos máis singulares de Galicia. A primeira vez que Demetrio foi a Laza corría o ano 1981 e algo prendeu nel para que seguira ata hoxe perseguindo estas mostras culturais e sociais que comparten moitos países.
Entroidos protagonizados por personaxes que teñen nomes tan estraños que hai que pronuncialos para poder adentrarse neste territorio pagán. Uns máis coñecidos, peliqueiros, boteiros, felos e outros sorprendentes como as Bonitas de Sande, en Cartelle, a Patumada de Fornelos de Filloás en Viana do Bolo, o Zarramanculleiro de Cualedro, as Mázcaras da Xironda tamén en Cualedro ou o Oso de Salcedo, en Pobra de Brollón. Hai moitas teorías sobre a orixe e a simboloxía destes Entroidos.
O autor comparte a que vencella esta festa ao espertar da terra despois do inverno. Chocas que chaman á terra, o oso que sae do seu tobo, paseos e bailes polas terras para fertilizalas antes da sementeira... ritos pagáns que a igrexa perseguía, que o franquismo prohibiu pero que se seguen recuperando. Un patrimonio inmaterial da cultura galega con similitudes noutros países europeos.
O fotógrafo nado en Vigo, Demetrio Monteagudo, mantén desde o ano 1973 coa fotografía unha relación autodidacta, intermitente e bipolar que se pode permitir pola súa condición de afeccionado, en palabras do propio fotógrafo.
Demetrio é membro da Asociación Fotográfica Galega (Phosgalicia). Mantén unha galería en Internet onde mostra as súas fotografías pódense ver AQUÍ.
A primeira vez que Demetrio foi a Laza corría o ano 1981 e algo prendeu nel para que seguira ata hoxe perseguindo estas mostras culturais e sociais que comparten moitos países.
Esta mostra de 26 fotografías de diferentes entroidos de Galicia e Portugal: "Destrás da máscara", poderase ver do 14 de marzo ao 26 de abril de 2014 no Local Social "Igrexa da Madalena" de Ribadavia
Horario:
Martes a venres de 11,30 a 13,30 h e de 17 a 19
Sábados e domingos de 12 a 14 h
Luns e festivos pechado