A feira do viño do Ribeiro. 50 anos dun evento singular

Share
Do
2 de Maio do 2013
al
2 de Agosto do 2013

A feira do viño do Ribeiro. 50 anos dun evento singular 

Traballos de Documentación: Víctor M. Castro Carballal 

Dirección: Xosé Carlos Sierra Rodríguez

Fondos e Colección: Roberto Aneiros García

Fondos Foto Etnográficos: César Llana

Biblioteca: Rosa Mary Ruiz Vázquez

Restauración: María José Ruiz Vázquez

Deseño e Montaxe: Navea Produccións Culturais, S. L. 

 

A feira ten o seu amencer en abril de 1964, froito da iniciativa de cinco ribadavienses- José Filiberto Soto Lorenzo, Juan A. Bande Alonso, BEnito Escudero Gallego, Julio Gómez López e Manuel González Río- que reciben do Concello unha encomenda: programar as clebracións da Virxe do Portal. Había tempo suficiente para os festexos de setembro e , matinando noutras iniciativas, apareceu de súpeto o viño e viron a oportunidade de "abrir cauce legal a una exposición de vinos con carácter de periodicidad [..] revalorizar esta producción agrícola que cada día está resultando más antieconómica [...] (en ) nuestro Ribeiro, atraer la atención del público [...] y favorecer el desenvolvimiento comercial, [...] y estimular a los viticultores para una mayor perfección en el preparado de sus caldos". 

50 despois, A Feira do Viño é un espazo comercial, festivo, mediático e identitario, no que se cruzan os intereses publicitarios de adegueiros e colleiteiros coa sociabilidade inherente a toda celebración lúdica que ten, como patrón, a Baco. Con defensores e críticos, este evento busca hoxe o seu acomodo nun mundo no que prevalece a economía virtual e no que a difusión de imaxes, mercadorías e ideas atravesa polas redes invisible da telemática.