Petrykvka
Petrykvka
A pintura decorativa forma parte da cultura artística secular do pobo ucraíno.
Asociadas ao calendario popular e as actividades laborais, as pinturas tiñan un carácter ritual protector, daban unha idea da visión do mundo e das crenzas, desempeñaban un papel na decoración de interiores e formaban o ideario estético.
No proceso evolutivo, o significado simbólico foise perdendo e a súa función decorativa pasou a primeiro plano.
Caracterízase pola súa bidimensionalidade, o esquematismo, o predominio dos métodos gráficos sobre os pictóricos, o colorido brillante e os esquemas reiterativos.
Os mestres e mestras utilizaban diversas tinguiduras minerais e vexetais, pinceis de fabricación propia con pelo de animal e ferramentas de estampación ou mesmo os dedos.
Nos séculos XVII e XVIII, xeralizouse o seu emprego na pintura ao óleo sobre madeira e lenzo e non só nas paredes.
As pinturas sobre papel con témpera, augada e acuarela apareceron a principios do século XX.
O pobo de Petrykvka (Dnipropetrovsk) é coñecido pola súa particular pintura decorativa.
O estilo recoñécese pola súa pincelada refinada, motivos de flores, follas, brotes, botóns, talos e herbas, complementados con manchas de cor de bagas, acios de uva...
No centro represéntase un ave -un pavo real ou un cuco-, que semellan flores polo seu plumaxe.
As pinturas realízanse, na maioría dos casos, sobre un fondo branco, herdado das paredes brancas das casas.
A grande diversidade dos modos de execución das mestras e os mestres está representada na colección do Museo de Artes Decorativas de Kíiv.
O museo conta con 5.000 pezas dos séculos XX e XXI. Sendo a maior e máis completa colección de Ucraína.
Na exposición podemos encontrar unha mostra das diferentes etapas da pintura Petrykvka.
Tetiana Pata (1884-1976), Nadia Bilokin (1893-1981), Yaryna Pylypenko (1893-1978) e Nadia Tymoshenko (1908-1971) pertencen ás máis antigas. Estiveron entre as creadoras do estilo e fundamentos.
Tatiana Pata desempeñou un papel especial no desenvolvemento da pintura Petrykvka, convertindo un cadrado de papel con motivos da pintura mural, nunha obra de arte.
Vasyl Sokolenko (nacido en 1922) e Fedir Panko (nacido en 1924) son as representantes da seguinte xeración de artistas populares, enriquecendo a pintura Petrykivka cos seus logros creativos.
Polina Hluschenko (1908-1983), Vira Pavlenko (1912-1991), Hanna Pavlenko-Chernychenko (1919-2008), Vira Hymenko-Zhukova (1921-1965) e Marfa Tymchenko (1922-2009) pertencen o grupo de artistas kievitas desta tendencia.
Hanna Samarska (nacida en 1942), Nina Turchyn (nacida en 1941), Anatoly Chornusky (nacido en 1947), Andriy Pikush (nacido en 1950), Tamara Samets (nacida en 1953). Maria Pikush (nacida en 1954), Natalka Rybak (nacida en 1958) y Lidia Statyva (nacida en 1959), hoxe manteñen o arte dos seus predecesores e traballan activamente na actualidade.
No ano 2013 a pintura Petrykivka foi recoñecida como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.
Foi o primeiro ben cultural de Ucraína en recibir este recoñecemento.
No ano 2023, membros do equipo técnico do Museo de Artes Decorativas de Kíiv visitou o Museo Etnolóxico, desenvolvendo un obradoiro no que a cidadanía tivo ocasión de por en práctica a técnica da pintura Petrykvka.
A colaboración que comenzara hai dous anos no Dia Internacional dos Museos co Museo de Artes decorativas de Kíiv, agora quedou representadas nas dúas institucións mediante mostras expositivas. Xa que mediante reproducións e textos expositivos os kievitas poderán coñecer parte das obras que compoñen a colección da Asociación Abrente.