
Esta mostra ten como obxecto poñer en valor o papel que desempeñaron as asociacións en Galicia e os seus axentes durante os últimos quince anos da ditadura franquista (1961-1975). Desde as primeiras iniciativas de rescate da cultura galega comezadas por Galaxia e a súa rede, as accións daqueles mozos e mozas foron determinantes para estender a lingua e a cultura identitaria mediante a fórmula asociativa, nun marco pouco propicio para este labor. A súa metodoloxía integradora, tendendo pontes co galeguismo de antes da guerra, e a súa penetración no tecido social foron determinantes paar consolidar os pasos precisos no camiño da construcción dunha cultura nacional.