Visite Galicia. Proxecto editorial do fotógrafo Ksado. Ben[s]vidos

Share
Do
2 de Xaneiro do 2023
al
11 de Abril do 2023

 

 

 

 

 

 

 

 

Comisaria

Támmara Bescansa Hernández

Agradecementos:

-André González Pascual

- Manuel Sendón

-Xosé Luis Suárez Canal

- Georgina Torres Bescansa

- IEG Padre Sarmiento CSIC- Xunta de Galicia

- Deputación Provincial de Ourense

- Fundación Penzol

- Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

- Museo das Peregrinacións e de Santiago.

 

 

 

 

 

 

 

Visite Galicia. Proxecto editorial realizado en 1929 polo fotógramo Ksado

 

Ben[s]vidos. Novas adquisicións do Museo

 

O Museo Etnolóxico de Ribadavia pon en marcha este ano un novo proxecto expositivo que pretende amosar periodicamente as novas pezas que chegan ao almacén do museo. Unha das partes máis importantes do museo é tamén unha das máis descoñecidas: os almacéns. Neles consérvase a colección do Museo Etnolóxico, unha colección en continuo crecemento.

Ben[s]vidos iníciase coa exposición do proxecto editorial Visita Galicia, realizado en 1929 polo fotógrafo Luis Casado, máis coñecido como Ksado. A través da exposición de dúas pranchas de estampas pódese coñecer a riqueza do patrimonio artístico e natural galego, ademais da vida costumista e unha serie de retratos que, en conxunto, conforman o primeiro arquivo fotográfico que contén unha visión xeral de Galicia.

A exposición complétase cun vídeo que nos achegará á vida de Ksado, así como ao uso que se lle deron a estas estampas na súa época, que podedes ver no enlace inferior. 

Luis Casado Fernández, Ksado (Ávila, 1887 ou 1891 Santiago de Compostela, 1972), entra moi novo como aprendiz no estudio de fotografía de José Pacheco en Ourense, ao que sempre considerará o seu mestre, e no que permanecerá ata o ano 1915. Tras cumprir coas obrigas militares instala o seu estudio en Santiago de Compostela, abrindo un segundo en Vigo anos más tarde; encargándose do estudio de Santiago nas súas ausencias a súa irmá Carmiña, á quen sempre tivo como unha profesional.

Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Liga de Amigos de Compostela, presidente da Asociación Fotográfica de Compostela. Ten desenvolto traballo fotoxornalístico en El Pueblo Gallego, ABC, La Vanguardia, La Nación, Faro de Vigo, Blanco y Negro entre outras cabeceiras.

Entre as súas obras, amais de Visite Galicia, destacan Estampas Compostelanas, Estampas de Galicia, Las catedrales gallegas, Guía de Santiago de Compostela (de Otero Pedrayo) Galicia, guía espiritual de una tierra (de José María Castroviejo) ou Ángeles de Compostela (de Gerardo Diego e debuxos de Enrique Mayer)

No ano 1963 propón a creación dun Museo Fotográfico, baseado na existencia de coleccións e na práctica real de fotógrafos notábeis.

Tras o golpe de estado de 1936 pecha o estudio de Vigo e regresa ao seu estudio de Santiago. En 1937 o xornal el Compostelano dá conta da multa que lle foi imposta por concorrer a reunión nas que se criticaba ao “Glorioso Alzamiento Nacional”.

Na colección do Museo Etnolóxico inclúe sete pranchas de “Visite Galicia” realizadas polo fotógrafo Luis Ksado para promover turísticamente Galicia. Das sete pranchas soamente dúas se conservan íntegras

Visite Galicia” foi un proxecto novidoso consistente en 325 estampas mostrando as principais cidades e vilas galegas, bens do patrimonio cultural e natural e mesmo retratos e escenas costumistas. Conformando un fondo documental da Galicia da época a través da mirada dun home ao que os seus contemporáneos consideraban o primeiro fotógrafo artista galego. A súa publicación tivo lugar no ano 1929 empregando fotografías tomadas xunto co xornalista José Seijo a partir dunha viaxe feita por Galicia.

Estas estampas estaban pensadas para ser dispostas nos envoltorios das mercadorías adquiridas nos comercios adheridos, así como no exterior de sobres e paquetes para enviar por correo postal tanto para España como para outros países, converténdose nunha campaña publicitaria de Galicia de primeira orde. Estiveron en circulación ata os anos sesentas do século XX.