Propostas de exposicións

Nesta páxina atoparás todo o que precisas saber sobre como se seleccionan exposicións e como presentar unha proposta para o Museo Etnolóxico.

 

As exposicións temporais do Museo Etnolóxico inclúen retrospectivas, mostras temáticas, individuais ou colectivas, e proxectos específicos. O Museo busca unir memorias a partir dos bens mobles e documentais, polo que as exposicións abranguen contidos e arcos cronolóxicos amplos e diversos.  

O programa expositivo organizase con meses ou anos de antelación e está formado por proxectos xerados polo equipo do Museo, por invitación directa ou mediante a colaboración con outras institucións.

Ademais disto, o Museo Etnolóxico recibe moitas propostas de exposicións para a consideración da dirección.

 

Agradecemos as propostas expositivas relacionadas coa colección e cos fondos documentais do Museo Etnolóxico. Tamén aceptamos suxestións que, aínda sen relación directa e evidente con estes, reflictan a misión do Museo.

Se queres enviar unha proposta, segue o modelo que atoparás a continuación. Canta máis información facilites sobre a túa idea ou proxecto, máis doado será responder adecuadamente. Por favor, non mandes ningún material adicional por correo postal.

O Museo intenta valorar a idoneidade e viabilidade dunha proposta expositiva nun prazo aproximado de dous ou tres meses. Grazas pola túa paciencia mentres se está a considerar.

 

Como institución pública sen ánimo de lucro, o Museo Etnolóxico non pode representar a ninguna persoa creadora nin vender obras no seu nome.

 

Modelo de proposta de exposición

*Os campos marcados con asterisco son obrigatorios

1.  Datos de contacto

(Esta información é só para o equipo do Museo Etnolóxico e non se compartirá con ninguén)

1.1. Nome (*)

1.2. Enderezo (*)

1.3. Correo electrónico (*)

1.4. Teléfono (*)

1.5. Organización (se procede)

1.6. Sitio web (se procede)

1.7. Traballaches connosco antes? (*)

 

2. Exposición

2.1. Persoa comisaria (*)

2.2. Título da exposición (*)

2.3. Artistas a incluír (se procede)

2.4. Datas propostas (*)

2.5. Necesidades de espazo (*)

2.6. Contactos externos (se procede)

2.7. Resumo da exposición (máximo 250 palabras) (*)

2.8. Breve descrición na que se indique por que é importante esta exposición, por que debería levarse a cabo no momento proposto e como vai contribuír ao coñecemento existente sobre o tema do que trata (máximo 500 palabras) (*)

2.9. Temas principais (*)

2.10. Público destinatario. Por que e como o atraerá esta exposición? (máximo 250 palabras) (*)

2.11. Como encaixa a proposta expositiva coa colección ou co programa de exposicións do Museo Etnolóxico? Considera tanto as exposicións pasadas como as actuais. (máximo 500 palabras) (*)

2.12. Como encaixa a proposta expositiva coa misión do Museo Etnolóxico Unindo memorias a partir dos bens mobles e documentais? (máximo 250 palabras) (*)

2.13. Bens a incluír. Indica a selección de pezas ou documentos: número total/técnica e material/dimensións/onde se atopan ou a quen pertencen(*)

2.14. Por favor, achega polo menos 5 imaxes que ilustren o contido da exposición (*)

2.15. Requisitos de exhibición específicos para os bens (por exemplo, peañas ou vitrinas) (*)

2.16. Necesidades técnicas da exposición (por exemplo, reprodutores de audio, vídeo ou proxectores) (*)

2.17. Temporalización do proxecto (*)

2.18. Orzamento desglosado (*)

2.19. Se a proposta expositiva inclúe unha publicación complementaria, por favor achega un breve resumo da mesma (contidos, autores, extensión, etc.) (máximo 200 palabras) (*)

2.20. Ideas para o programa público vencellado á exposición (conferencias, visitas, obradoiros, etc.) (*)

2.21. Enumera calquera financiamento xa existente ou posibles oportunidades de financiamento. (*)

2.22. Colaboracións con outras institucións e itinerancias. Por favor, enumera outras institucións que poidan ser sede da exposición e por que (se procede)

Se tes algunha dúbida sobre estes puntos, por favor contacta co Museo Etnolóxico: mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.gal

Lembra que as propostas expositivas que ofrecen información vaga ou imprecisa son máis difíciles de avaliar. Isto pode impactar na valoración do seu interese e viabilidade, e afectar á súa potencial aceptación por parte do Museo.