David perseguido
La prudente Abigail
La prudente Abigail
Sélico y Berisa
Unha posible definición de comedia solta podería ser: impreso individual en forma de folleto que recolle unha peza teatral coas seguintes características:
Axudan a coñecer a historia da imprenta, a abundacia de impresións supón o negocio na época con este tipo de obras teatrais e a importancia do teatro na vida social, este número de obras soltas nun biblioteca partículas en Ribadavia é indicativo da afección pola la lectura teatral nunha vila con tanta historia teatal, o que vén a demostrar de onde procede esa afección que ainda perdura.
Comedias soltas do arquivo Meruéndano:
- Número total: 55 comedias soltas.
- Número que non teñen ano de edición:
- Ano edición: a maioría do S. XVIII, S. XIX.
- Autores: varias de Calderón de la Barca, Lope de Vega.
Comezan a editarse no S. XVII, pouco a pouco convértense en práctica habitual entre os impresores españois, creando unha características que lle son propias e que manteñen até o S. XIX:
- Unidade separada, tipo folleto, en formato 4º.
- repartida en catro ou cinco pregos.
- que case sempre teñen unha soa obra teatral.
- non teñen portada propiamente dita, teñen unha cabeceira na metade superior da primeira páxina, co título da obra precedido das fórmulas “Comedia Famosa” ou “Famosa Comedia”, as veces o nome do autor e tradutor e o “dramatis personae”.
- o texto vai case sempre en dúas columnas.
- como as imprentas publicaban en serier as obras de diversos autores por iso levan un número na parte superior esquerda e na dereita o número da páxina ou folla e un colofón o final da obra.
O material non é de moi boa calidade e utilízanse tipos de imprenta desgastados, polo tanto a impresión é de mala calidade, sen tapas protectoras, con fallos de numeración e de tipografía de aí que foran de baixo custe. Parece que ían destinados a xente con poucos recursos e que eran documentos para usa e tirar “ephemera”.
En Ribadavia estas comedias representábanse na festa do Corpus Christi e na celebración da Istoria, que se facía durante a celebración da festas patronais da Virxe do Portal. (ver Historia de Ribadavia y sus alrededores p. 402-410, na pax. 408 di según o Extracto de las funciones q. e tiene el Amo de esta Villa “ Algunos días antes de las fiestas del Portal dos Capitulares dan los papeles de la Istoria” continúa decindo Samuel Eiján “o sea de la pantomima o representación escénica que había de tener lugar al aire libre” ; Ribadavia y el santurario del Portal p.236-264 especialmente pax. 254-255 indicando que a tradición do teatro en Ribadavia está documentada desde o s. XVIII, Meruéndano relaciona esta tradición coa historia do pobo hebreo ; El fuero municipal de Ribadavia pax. 37 e pax. 22 describe a representación na época do rey Saúl pode ser a comedia titulada: La prudente Abigail, que na edición conservada no fondo de Meruéndano aparece anotada en moitas das súas follas), de temática xudea.
A maioría destas comedias tiñan unha importante compoñente relixiosa, sobresaen as historias sagradas e bíblicas, así como comedias de santos, pero tamén de acontecementos históricos.
Dixitalización de comedias soltas do Museo Nacional del Teatro