As historias da música gravada en Galicia

Share
Do
6 de Setembro do 2024
al
9 de Novembro do 2024

 

Comisario: Julio Gomez

Fondo: Escola Sinsal

Organiza: Museo Etnolóxico

Colabora: Festival Arteficial

 

Dentro do marco do Festival Arteficial, en colaboración coa Escola Sinsal, o Museo Etnolóxico acolle a exposición "As historias da música gravada en Galicia".

Esta mostra convida ao público a explorar a historia da música gravada en Galicia a través de oito figuras clave do país, dende o século XVII ata o século XX. O percorrido comeza en Ourense con Martínez de Presa e destaca a Severino Pérez Vázquez no século XIX, quen produciu un precursor do sintetizador de voz, case un "autotune". Outras historias inclúen a personaxes como Emilia Pardo Bazán e Maruja Boga, presentadas por oito artistas do mundo do cómic que narrarán as súas conexións co son e a música ao longo do tempo.

A estes relatos acompaña un conxunto de pezas que fala da historia do rexistro sonoro, dende cartas sonoras, xoguetes, máquinas de ditados, gramófonos que recollen o interese e a evolución constante da humanidade na gravación sonora, na que foi a historia da súa versión analóxica.