A pesca Fluvial
A pesca Fluvial
A pesca Fluvial
A pesca Fluvial
A pesca Fluvial
A pesca Fluvial
A pesca Fluvial
A pesca Fluvial
A pesca Fluvial
Galicia posúe máis de 30.000 km. Lineais de cursos fluviais. Esta extensión, danos idea da relevancia da actividade pesqueira, e da importancia da rede hidrogáfica como xeradora de cultura.
Nos dous últimos terzos do s. XX, teñen lugar unha serie de alteracións medio ambientais e de preceptos lexislativos, de graves consecuencias para a pesa tradicional. Supoñen a mingua das especies e a prohibición ou regulación de artes e modalidades. A estes factores esóxenos, súmase outras agresións proferidas polos ribeiráns, denominadas eufemisticamente “picaresca” ou “ malas artes”, que agochan actos de furtivismo e delitos ecolóxicos.
A través de bens procedentes das coleccións do Museo Etnolóxico. Ribadavia, agás catro fotografías aportadas por particulares, abórdase a evolución da pesca fluvial a través de dúas variables que se entrecruzan. Por unha banda, os cambios que favorecen o paso dunha pesca fluvial entendida como actividade económica complementaria a dos “pescantís”, a unha entendida como manifestación cultural, a dos “troiteiros”. O segundo factor tivo lugar ao socairo do primeiro e abrangue as transformacións medioambientais e a progresiva normativización da actividade.
Todo isto é relatado nun discurso construído con obxectos, fotografías e textos e articulado en varias unidades. As artes naseiras son as máis antigas e pasan de seres feitas con materia primaexclusicamente vexetal a recibir engadidos industriais. Enmárcanse no grupo de cestería de madeira fendida, a variedade máis profesional do oficio, aínda que nunca foron elaboradas por cesteiros. Da súa factura ocupáronse os ribeiráns, aproveitando os momentos de lecer ou de menos carga laboral, de acordo coas obrigas impostas polo ciclo e o calendario agrícola. As nasas foron sempre para uso propio, sen comercializalas.
Pola súa banda, as artes redeiras son as de máis capacidade extractiva e evolucionan do emprego de fibras vexetais cara ao plástico en detrimento das primixenias fibras vexetais (liño e cánabo). Non en poucas ocacións precisaban do complemento da embarcación para o seu emprego. Entre o amplo abano de redes manexadas polos “pesantíns” estaría a “varredeira”.
Nasas e redes poden precisar do auxulio e complemento das embarcacións. Unha das máis antigas e características que navegou polo curso medio do Muño foi o barco de dornas, no que adoitaban ir a bordo dous “ pescantíns”. Na década dos corenta do s. XX comeza o seu declive a acaba sendo desprazada barcas ou lanchas.
Dentro das artes de liña inclúese a pesca con cana e a súa transformación coa chegada dos carretes, das materias primas industriais e dos cambios na lexislación e as alteracións no curso do río. A pesca con cana gozou de certo aire despectivo, sen dúbida por proporcionar un menor número de capturas en comparación con outras artes. De aí que o refraneiro nos diga: “Pescador de cana máis perde que gana” ou “Troiteiro, nin boa tulla nin bo palleiro”
A pesca fluvial pasou a formar parte do tramado da economía do ocio das sociedades postindustiais, deixando de ser unha fonte de alimento e ingresos. Fréanse os procesos de enculturación, condenando os antigos procedementos e habelencias á reconversión ou ao esquecemento. Os “pescantíns” vense abocados á desaparición , e mantéñense sometidas a un estricto control certas formas de pesca tradicionais. Os “troiteiros” que non logran empregnarse dos principios da pesca deportiva optan por abandonar .