Novas

13 de Xullo do 2022

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou a exposición "A conservación do Arquivo Abrente" no Museo Etnolóxico de Ribadavia, que amosa e fai chegar ao público as tarefas de conservación realizadas polo museo sobre o valioso fondo documental da agrupación cultural Abrente.

17 de Maio do 2022

Día das letras galegas na Romaría etnográfica Raigame en Vilanova dos Infantes

8 de Abril do 2022

Educar no respecto o medio ambiente, e facilitar o seu coñecemento, é sen unha das principais funcións dos museos na actualidade. O Museo Etnolóxico, aproveitando a celebración de Entroido quixo dar a coñecer un dos réptiles máis ameazado da fauna galega: un sapoconcho (tartaruga). Coñecido comunmente como galápago europeo e cientificamente como Emys orbicularis, este animal habita o río que atravesa a vila de Ribadavia ( río Avia ) e o seu veciño, o río Arnioa.

28 de Marzo do 2022

A Xunta fai perdurar a mostra "San Cipriano o Mago. De oracións, ciprianillos e tesouros" coa publicación do catálogo que recolle as máis de 150 pezas expostas no Museo Etnolóxico de Ribadavia ao longo de 2021. O volume presentado polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, ofrece un percorrido polas tradicións vencelladas á figura de San Cipriano da man do antropólogo Félix Castro Vicente, comisario da exposición e autor do libro, quen participou tamén na presentación xunto ao director do museo, José César Llana.

15 de Novembro do 2021

O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle a exposición "Fábulas de Almada Negreiros", composta por diferentes ilustracións do referente da arte moderna portuguesa José de Almada Negreiros. O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou o 11 de novembro na inauguración da mostra, enmarcada no proxecto transfronteirizo Nortear, que busca reforzar os vínculos na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal arredor das manifestacións artísticas.

5 de Xullo do 2021

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou o venres 2 de xullo a exposición "Les gens du chemin. Peregrinación a Saintes Maries de la Mer", coa que o Museo Etnolóxico de Ribadavia se suma á programación do Xacobeo 21-22 cunha proposta artística que repasa a pegada da tradición xacobea en Francia.

6 de Maio do 2021

Complétase agora o conxunto de exposicións que visibiliza e homenaxea o labor do Grupo Abrente, unha agrupación que, centrada na colaboración entre artistas, escritores e intelectuais, materializouse nunha colección plástica que reflicte as novas inquietudes artísticas da década dos 70 en Galicia.

27 de Xaneiro do 2021

Suspensión de actividades

22 de Decembro do 2020

A mostra afonda na pegada desta figura no imaxinario popular de Galicia.

O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo, e o alcalde de Ribadavia, César Fernández, inauguraron no Museo Etnolóxico de Ribadavia a mostra San Cipriano o mago. De oracións, ciprianillos e tesouros que expón máis de 150 obxectos vencellados con esta figura do santo de Antioquía.

8 de Xuño do 2020
DÍA INTERNACIONAL DOS ARQUIVOS, 9 de xuño
Lema de 2020: Empoderar sociedades do coñecemento.
O Consello Internacional de Arquivos (ICA), estableceu na súa asemblea xeral en 2007, o 9 de xuño como o Día Internacional dos Arquivos.