Publicacións

Libro en edición bilingüe galego-castelán que recolle as actas das tres edicións da Xornada sobre Bibliotecas Especializadas, nas cales se recollen os diferentes relatorios de autoras e autores que participaron. Os relatorios estrutúranse segundo a xornada a que pertencen.  

Recompilación das festividades, refráns, ditos, cantigas, crenzas, prácticas... de cada mes. Inclúense tamén referencias á onomástica, aos calendarios de diferentes épocas, aos costumes aínda vixentes en comarcas de Galicia segundo a época do ano.

Transcrición dos libros: Libro con foros antiguos de la villa de Ribadavia (1524-1541) e Libro de aiuntamientos del concejo de Ribadavia. Contiene foros antiguos, acuerdos y elepciones e Libro de actas del concejo de Ribadavia (1541-1559).

Catálogo da exposición temporal producida polo Museo Etnolóxico e comisariada por Félix Castro Vicente na que se reúnen libros, gravados, obxectos, literatura de cordel da colección particular do comisario e do Arquivo Castro Vicente.

Dende a biblioteca do Museo Etnolóxico concibiuse para o ano 2020 o desenvolvemento dunha proposta colaborativa, aberta á participación, e cento por cento en liña: achegar refráns, cantigas, regueifas, ditos, contos, cancións...

Catálogo da exposición temporal "Colección Abrente: arte galega no desafío cultural dos 70".

Publicación que conta a experiencia desenvolta polo Museo Etnolóxico no proxecto Museo Aberto, destinado a traballar con colectivos.

Catálogo da exposición do mesmo título, desenvolve o discurso desta e inclúe as pezas da exposición e doutras que axudan a contextualizarla.