Música / Danza / Performance

Cada mes de decembro a Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia organiza unha "Lembranza do Vilancico" no "Tempo de Nadal"  para ofrecer un concerto de Nadal, neste 2014 será o Grupo Vocal "Sólo Voces" de Lugo  coa dirección de Fernando G. Jácome, o domingo 21 ás 19:30 h. na Igrexa de San Francisco de Ribadavia.

Pequeno recital poetico de Rochi Novoa, autora do libro-disco: "Farrapos de boneca" acompañada de Toño Iglesias e Dani Soldevilla. As letras de tódolos temas son de Rochi Nóvoa Vázquez , gravadas na casa de Rafa Ullán, copiados en CD Inmagen, editados e distribuidos por Rochi Nóvoa.
 
Entendeuse este CD como parte imprescindible do libro, para poder chegar a entender o significado total.
Sábado 28 de decembro de 2013 ás 20,00 h.

Pardedous + Un: Alexandre Cabanelas Ángel Alfonso Gulías (Pardedous) Francisco Valeiras "Quico" (Un). Sinxelamente, uns mozos do Carballiño unidos polo ruxe ruxe e as inquedanzas que nos bulen dende os adentros prá través da música e da palabra mostrar un anaco do que somos. Jazz-Poesía dende a víscera.

XX CONCERTO "TEMPO DE NADAL". Lembranzas da Panxoliña
Concerto de MARCOS TEIRA: guitarra flamenca
Sábado 14 de setembro ás 20,00 h.