Cine

Do 19 de Xuño do 2023 ao 28 de Xuño do 2023 - 22:00

As Marxes Fílmicas 2023 poñen o foco na Ucraína contemporánea. Catro noites de cine ao abeiro do patio do Museo Etnolóxico para reflexionar a través de diferentes xéneros fílmicos.

Do 4 de Novembro do 2022 ao 26 de Novembro do 2022 - 19:00h

As voces da ciencia, da filosofía ou da socioloxía moderna urxen un cambio no pacto social. E iso é o que nos ofrece este ciclo de películas, que se celebra por décimo outono no Museo Etnolóxico de Ribadavia: catro “miradas” sobre o noso planeta, a relación que mantemos con el e con nós mesmos.

Do 4 de Xullo do 2022 ao 12 de Xullo do 2022 - 22:00h

Chega un ano máis o ciclo de cine deseñado en conxunto co Cineclube Padre Feijoo, este ano viaxamos a Vietnam. 

20 de Maio do 2022

Proxección da película Cotolay

Do 6 de Novembro do 2021 ao 27 de Novembro do 2021 - 19:00 h

Chega a IX edición de Miradas Etnográficas ao Museo Etnolóxico, coma sempre coa colaboración do Cineclube Pradre Feijoo.

Do 5 de Xullo do 2021 ao 14 de Xullo do 2021 - 22:00 h

Chega xullo 2021 e chega a décima edición do ciclo de cinema: Marxes Fílmicas este ano faremos un percorrido polas marxes do cinema peruano.

Este 2020, ano da pandemia Covid_19, a oitava edición do ciclo de cine do outono: Miradas Etnográficas será no Centro Social da Igrexa da Madalena, cunha escolla especial de filmes para celebrar o 50 aniversario do Cineclube Padre Feijoo de Ourense, que colabora neste ciclo desde o seu inicio na selección e proxección dos filmes. 

A novena edición do ciclo de cinema: Marxes Fílmicas, coincide co 50 aniversario do  Cineclube Padre Feijoo  grazas á xente, que a partes iguais de profesionalidade e voluntarismo forman parte deste cineclube, e coa súa suxestión iniciamos en 2012 este ciclo; neste 2020 e dentro dunha realidade especial continúa no Patio do Museo Etnolóxico. O obxectivo da selección de filmes de cine clásico escollidos pola xente do Cineclube Padre Feijoo para esta edición especial é PINTARNOS UN SORRISO NA CARA.
O sábado 9 de novembro iniciamos  a 7ª edición do ciclo de Cine de Outono. Miradas etnográficas, coa colaboración do Cineclube Padre Feijoo na organización, selección e proxección dos filmes, gozaremos cunhas particulares viaxes excéntricas a través da mirada audiovisual de Jaime Prado, Xosé Reigosa, Andrea Vázquez, J.A. Blanco e Iban del Campo.