Outras Actividades
O Museo Etnolóxico de Ribadavia acollerá o venres 29 de novembro ás 12:00 h o encontro cultural “Castelao e a perspectiva de xénero”, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
O vindeiro sábado, 22 de novembro ás 17:00 h, o Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle unha xornada moi especial dedicada á tradición oral galega e ás nosas cantareiras.
O pasado 30 de outubro tivo lugar unha nova actividade vinculada á exposición Territorios en tránsito: afluencias e influencias. Jesús Madriñán e a colección do Museo Etnolóxico, nesta ocasión o museo saíu fora para que a actividade fora desenvolvida nas instalacións da Fundación Hospital Asilo Nosa Señora dos Anxos, facilitando a accesibilidade dos seus usuarios ós programas do museo.
O pasado 18 de setembro, no marco da exposición Territorios en tránsito: afluencias e influencias. Jesús Madriñán e a colección do Museo Etnolóxico, tivo lugar unha actividade que puxo no centro a reflexión sobre a mobilidade humana a través dun espazo de encontro interxeracional.
O vindeiro 18 de xuño ás 18:00h, convidámoste á inauguración da mostra final do curso de Fotografía Participativa para a recuperación da memoria que facilitou Sara Garchi no Museo Etnolóxico entre setembro e decembro do 2024.
O xoves 29 de maio, ás 20:00h, no Museo Etnolóxico, inauguración da exposición “Territorios en tránsito: Afluencias e influencias. Jesús Madriñán e a colección do Museo Etnolóxico”
Presentación do catálogo "Memoria e Azougue. A linaxe dos Llanos (1897-1970)"
Esta proposta consiste nunha serie de 5 obradoiros presenciais no Museo Etnolóxico ao longo dos meses de setembro, outubro e novembro
Con motivo do Día Internacional dos Museos, o Museo Etnolóxico xunto con Amechir, organizan unha saída para visitar dous centros museísticos
