Presentacións Libros
Esta tarde, o Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle a presentación de Destilación, o poemario de Paula R. Bouzas, unha obra na que a palabra se converte nun lugar para a vida, o amor e a memoria.
Un encontro arredor da poesía e da sensibilidade dunha autora que nos convida a deternos, contemplar o esencial e deixarnos atravesar polos versos.
🗓️14 de agosto
🕢19:30 h
📍Museo Etnolóxico de Ribadavia
A presentación correrá a cargo de José Luis Chao Rey.
Agardámosvos!💜
O vindeiro 26 de xuño ás 7:30h tarde, o Museo do Viño de Galicia acollerá a presentación de O patrimonio do viño. Ruta polas adegas e camiños de Valdeorras, unha publicación de Josué Fernández Guerra que nos convida a descubrir a riqueza cultural, histórica e paisaxística dun dos territorios vitivinícolas máis singulares de Galicia.
Presentación de Universo Cantigas e concerto de Luparias
Presentación do libro "As horas mortas. Viaxes e conversas por cemiterios galegos" de Emma Pedreira
O día 17 de abril, terá lugar a presentación do libro "Os xéneros musicais tradicionais e populares galegos", cuxos autores son Moisés Quintas e Victoria Pérez, as 19.30 h. Os autores nos deleitarán cunha interpretación musical, acompañados cun pito pastoril e percusión variada.
"Viaje cinematográfico por Galicia. Una restrospectiva emocional (1896-1939)", de Emilio C. García Fernández, doutor en Ciencias da Información.
Presentarán o acto Xosé Ramón Pousa e Miguel Anxo Fernández.
Máis información:
Presentación do catálogo da exposición "Luis R. Brage Villar. A paisaxe sonora de Galicia a través dunha vida en movemento"
Este mércores 30 de outubro ás 7:30 da tarde terá lugar no museo a presentación do libro “La nostalgia de Paulo" polo seu autor José Victorio Moure Rivera.
Este mércores 10 de abril ás 7 da tarde terá lugar a presentación do libro “Cuaderno de viaje al país natal” de Alfonso Armada