Marxes fílmicas

Share

Ciclo de cine que se desenvolve de maneira estable desde 2012 a proposta e en colaboración co Cineclube Padre Feijoo de Ourense quen procuraba colaborar co Museo Etnolóxico e acercar o cine a unha vila que non ten nin cine comercial nin cineclube, permitindo á vez ao Museo ofrecer unha máis completa oferta á cidadanía co visionado de filmes «nas marxes do cine comercial» vinculados a problemáticas actuais, polo xeral desenvolvidas fóra das nosas fronteiras.
As proxeccións do ciclo Marxes fílmicas realízanse normalmente na primeira quincena do mes de xullo e, desde 2015, en horario nocturno no patio do Museo; cada ano o ciclo adícase o cine que está nas marxes dun país determinado, tendo sido polo de agora adicado ao cine francés, alemán, finés, checo, brasileiro, tunesino... outras veces tense roto esta tendencia optando por curtametraxes e  filmes presentados só en festivais, así como en 2020, ano da pandemia, o ciclo foi adicado ao cine clásico.