Museo aberto
Museo aberto
Museo aberto
Museo aberto
Museo aberto
Museo aberto
Museo aberto
Museo aberto
Museo aberto
Museo aberto
Museo aberto
Museo aberto
Museo aberto
Museo aberto
Museo aberto
En 2010 o Consello Internacional de Museos (ICOM-UNESCO) lanzou o lema: Museos para a harmonía social, para que os museos reflexionaran sobre a súa responsabilidade como espazos de integración social e co obxectivo de que exploren as posibilidades do patrimonio cultural como ferramenta para a promoción da igualdade e para a eliminación gradual de barreiras entre os integrados, os excluídos e os precarios.
Estas e outras reflexións arredor do papel actual que teñen os museos na sociedade, a necesidade de chegar a “outros” públicos e a súa propia función social levan a que os museos saian fóra dos seus muros e se acheguen a colectivos sociais con dificultades de acceso ao patrimonio cultural conservado nestes centros. Esta idea no Museo Etnolóxico foi levada a cabo de forma gradual, primeiro a través de proxectos individuais e despois dun programa global para acercar o patrimonio etnográfico a esoutros públicos non habituais nos museos, en moitas ocasións saíndo da propia instituición museística.
Realizáronse tres proxectos diferentes do departamento de educación e acción cultural do Museo, que naceron en momentos distintos: Lembrar no museo, Museo no cárcere e Vémonos no espello. En cada un deles se traballou con colectivos diferentes: Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense (AFAOR), Cárcere de Pereiro de Aguiar (Ourense) e Cruz Vermella O Ribeiro (Ribadavia), converxeron nun mesmo programa denominado Museo Aberto.
Os proxectos, nacidos de forma embrionaria en 2005, foron medrando e consolidándose ao longo dos anos, converxendo en 2009 no programa Museo Aberto activo cos tres proxectos até 2012. A Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia (AMECHIR) estivo presente no apoio loxístico e xestor para o desenvolvemento das actividades de todo o programa.