Actividades
O vindeiro 19 de decembro ás 19:00 h, o Museo do Viño de Galicia acolle unha mesa redonda dedicada ao viño tostado, un dos grandes tesouros do patrimonio vitivinícola galego.
Participan:
🔸 Xosé Ramón Pousa
🔸 Xavier Castro
🔸 Antonio M. Amil
🎙️ Modera: Luis Congil
Durante o acto, Xavier Castro presentará as súas publicacións:
📘 “Tostado. El vino noble de Galicia”
📕 “Los Grandes Vinos Gallegos. Originalidad e historia”
👉 O evento irá acompañado dunha degustación de viños tostados de diferentes adegas galegas.
O vindeiro 13 de decembro ás 18:00h, o Museo do Viño de Galicia acolle unha tarde moi especial.
📚 Comezaremos coa presentación do libro O patrimonio do viño. Ruta polas adegas e camiños de Monterrei, da man do seu autor Bruno Rúa Martínez.
🍇 A continuación, Alberto Varela Amado (Choiva Viños) convidaranos a descubrir unha maneira diferente de achegarnos ao viño galego, a través dun encontro que une palabra, sabor e tradición.
Agardámosvos para celebrar as letras e o viño nun mesmo brinde. 🍷✨
O Museo Etnolóxico de Ribadavia acollerá o venres 29 de novembro ás 12:00 h o encontro cultural “Castelao e a perspectiva de xénero”, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
O vindeiro sábado, 22 de novembro ás 17:00 h, o Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle unha xornada moi especial dedicada á tradición oral galega e ás nosas cantareiras.
O Museo Etnolóxico recibiu ao grupo de exploración que está a realizar a actividade “Explorando rutas e encontros. Pasaporte a China”, unha proposta vinculada á exposición Made in China. Nesta sesión, as persoas participantes viaxaron simbólicamente a través das conexións entre China e Galicia.
O Museo Etnolóxico recibiu ao grupo que está a realizar a actividade “Os nosos surrealismos cotiáns”, unha proposta vinculada á exposición Surrealismos cotiáns. Unha relectura das coleccións inspirada por Eugenio Granell.
En novembro, as Marxes Fílmicas levan China ao Museo Etnolóxico de Ribadavia.
O Museo Etnolóxico de Ribadavia acollerá este venres, 7 de novembro, ás 19:30 horas, a conferencia “Castelao, figura universal”, impartida por Miguel Anxo Seixas Seoane, presidente da Fundación Castelao.
O pasado 30 de outubro tivo lugar unha nova actividade vinculada á exposición Territorios en tránsito: afluencias e influencias. Jesús Madriñán e a colección do Museo Etnolóxico, nesta ocasión o museo saíu fora para que a actividade fora desenvolvida nas instalacións da Fundación Hospital Asilo Nosa Señora dos Anxos, facilitando a accesibilidade dos seus usuarios ós programas do museo.