Actividades
A eclipse total de Sol de 2026 está cada vez máis preto!
O vindeiro 5 de agosto ás 20:00 h, o Museo Etnolóxico de Ribadavia acollerá a conferencia "A Eclipse Galega de Sol en Ribadavia", impartida polo físico Xosé Dositeo Veiga Alonso.
Ao longo da charla descubriremos a historia das eclipses de Sol, curiosidades e anécdotas, como observar este fenómeno con total seguridade e por que a eclipse do 12 de agosto de 2026 será un acontecemento histórico para Galicia.
As Catas Sonoras no Museo do Viño de Galicia, que acadan este ano a súa sexta edición, permiten gozar de catas musicais para todos os gustos, dende o jazz ata autores clásicos, dende a bossanova ata o blues ou dende o fado ao swing, sempre en directo.
Música ao solpor, na terraza do Museo, nun entorno de viñedo e arquitectura do viño, finalizando cunha copa de viño para rematar a súa sesión parolando distendidamente con quen nos acompaña ou con quen coincidamos nestas Catas Sonoras no Museo do Viño de Galicia.
O vindeiro 26 de xuño ás 7:30h tarde, o Museo do Viño de Galicia acollerá a presentación de O patrimonio do viño. Ruta polas adegas e camiños de Valdeorras, unha publicación de Josué Fernández Guerra que nos convida a descubrir a riqueza cultural, histórica e paisaxística dun dos territorios vitivinícolas máis singulares de Galicia.
Conferencia sobre a figura de Cándido Fernández Mazas
Presentación de Universo Cantigas e concerto de Luparias
Acto de inauguración da nova exposición
O Museo Etnolóxico súmase ao Día Internacional dos Museos 2026 cunha programación especial para todos os públicos.
O 15 de maio ás 7:30 da tarde terá lugar a actuación de Crúas no Museo Etnolóxico
Presentación do libro "As horas mortas. Viaxes e conversas por cemiterios galegos" de Emma Pedreira