Fondo Andrade-Estévez
Fondo Andrade-Estévez
José Andrade Usatorre levou desde finais da década dos 50 até mediados dos 80 do S. XX a distribución oficial de varias marcas nacionais e internacionais de maquinaría agrícola. Dentro do Fondo documental e bibliográfico que José Andrade Usatorre doou o Museo temos catálogos de todo tipo de maquinaria agrícola e en varios idiomas, que nos axudan a unha descrición moito máis exacta de aparatos e máquinas utilizadas nos traballos agrícolas. Así coma un fondo bibliográfico vinculado á agricultura, gandaría, vinicultura, catálogos e folletos comerciais, programas de feiras do viño, publicacións peródicas de moda; e un fondo documental relacionada coa cooperativa vitivinícola do Ribeiro, a bodega cooperativa de Nuestra Señora del Portal (circulares, regulamentos, estatutos...)