Fondo Rubén G. Álvarez

Share

A figura do médico e historiador Rubén García Álvarez constitúe un referente recoñecido para a historiografía galega da segunda metade do século XX. Nas súas terras do Ribeiro a memoria do seu bo facer como médico e conservada por tantos veciños e veciñas que se beneficiaron do seu saber e da súa senorase e desprendida tarefa asistencial. Para os coñecedores das humanidades e das cuestións e os aconteceres que perfilan o ser histórico de Galicia, Rubén García Álvarez é o historiador medievalista, un punto de referencia na historiografía galega anterior a 1980. O fondo está composto por documentos personais, documentación de función formado por traballos manuscritos, notas, transcricións, conferencias etc; fondos relativos á actividade profesional coma médico, fondos relativos a súa actividade social (onde atopamos documentación relativa as festas do portal, a radio de Ribadavia entre outras), completándose finalmente coa colección persoal (con folletos, fotografías, cintas magnetofónicas etc.