Exposicións
As imaxes de Ricardo Alcalde corresponden a homes e mulleres da Terra de Caldelas, sorprendidos no medio do seus labores cotiáns, rodeados das árbores, as pedras, as leiras e corredoiras que os viron nacer e os verán morrer
Santi M. Amil ten retratado en branco e negro no ano 1996 a xentes do Ribeiro en diferentes tarefas do traballo da viña e da adega, no que se manifesta con claridade a vocación documental do autor.
Lembrar no Museo 2005-2011 é unha exposición temporal que resume o traballo desenvolto ao longo de cinco anos con enfermos de Alzheimer.
O museo forma parte de Ausencias e Silencios da iniciativa Patrimonio en Femenino.
A exposición amosa o estudo realizado por Luis Paadín na localización dunha veintena de lagares repartidos na xeografía galega.
Os valores estruturais, construtivos, espaciais e populares das arquitecturas dos nosos cascos históricos moitas veces dan resposta ás incógnitas e retos que se nos presentan na actualidade.
As imaxes expostas reflicten fielmente os momentos e os detalles máis destacados desta festa da Rapa das Bestas de Sabucedo
Exposición resultado dun obradoiro organizado polo Museo Etnolóxico no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar.
Proxecto que analiza dende unha perspectiva de xénero a presenza e participación activa das mulleres ao longo da historia