Exposicións

Na exposición preséntase o proceso de creación do libro ilustrado de Raquel Díaz sobre a historia recente da Beira Alta, no interior de Portugal, narrada a través da memoria popular.

Do 3 de Setembro do 2022 ao 30 de Outubro do 2022

Mostra que homenaxea a traxectoria de Rafael Bordallo Pinheiro (1846-1905), creador do personaxe máis coñecido e máis contestatario do humor portugués: Zé Povinho

Do 10 de Xuño do 2022 ao 16 de Setembro do 2022

Mostra visual do proceso do Proxecto Octopus to the party durante as semanas de Residencia na Cidade da Cultura, vinculado ao Festival Arteficicial.

Do 1 de Xaneiro do 2022 ao 1 de Setembro do 2022

O obxectivo desta mostra é contribuír á difusión das prácticas de tracción animal respectuosa. Faise en colaboración coa Asociación Galega de Tracción Animal (AGATRAN) e o Centro de Interpretación da Tracción Animal (CITRAN

Do 22 de Abril do 2022 ao 30 de Xuño do 2022

Esta exposició amosa a creatividade e traballo detrás das tecedeiras en Galicia. Unha maneira colorida e cálida de coñecer un patrimonio pouco reivindicado.

Do 2 de Maio do 2022 ao 30 de Xuño do 2022

A mostra das 49 tintas chinesas orixinais, realizadas en 1936 para ilustrar o libro Fábulas do escritor e xornalista Joaquim Manso, con dirección gráfica de Luís de Montalvor (codirector de Orpheu) é representativa da profunda simbiose coa escritura e o talento gráfico de Almada Negreiros

Do 11 de Novembro do 2021 ao 6 de Marzo do 2022

Esta mostra supón unha achega á figura de San Cipriano de Antioquía o santo máxico cristián por excelencia, patrón e protector dos practicantes das artes máxicas e contra os maleficios

Do 22 de Decembro do 2020 ao 1 de Decembro do 2021

A terceira parte da exposición Colección de Arte ABRENTE, que visibiliza e homenaxea o labor do Grupo Abrente.

Do 30 de Abril do 2021 ao 1 de Decembro do 2021

Esta mostra recolle a tradición vinculada á localidade de Saintes Maries de la Mer, situada no delta do Ródano, onde cada ano acoden milleiros de persoas peregrinas para render culto a santa María Salomé, santa María Xacobé e santa Sara.

Do 2 de Xullo do 2021 ao 30 de Agosto do 2021