Exposicións
Unha exposición que pretende poñer en valor as contribucións que a cultura chinesa fixo a Galicia, descubrindo unha relación máis estreita e produtiva do que podería parecer.
Un percorrido visual polos oficios tradicionais que desapareceron —ou están a piques de facelo— a través das historias, os rostros e a memoria de quen os mantiveron vivos.
Unha exposición que conecta diversidades: a da colección etnolóxica e a da comunidade á que esta desexa representar.
Ribadavia constitúese coma marco de ensaio para unha proposta expositiva alternativa, a contracorrente dos enfoque que sobre o mundo do barro se veñen facendo.
Galicia posúe máis de 30.000 km. Lineais de cursos fluviais. Esta extensións, danos idea de relevancia da actividade pesqueira, e da importancia da rede hidrogáfica como xeradora de cultura.
A exposición Seguindo o Fío realiza un percorrido histórico a través da tradición téxtil en Galicia, considerando a importancia tida no pasado polo cultivo do liño e a incidencia da elaboración de tecidos e lenzos na vida dos grupos domésticos campesiños.