Actividades
O próximo venres 17 de febreiro, vai ter lugar a presentación do catálogo do Legado Meruéndano. Depósito Meruéndano-Cardeñosa, ás 20:30 h no salón de actos do Museo Etnolóxico, rúa de Santiago, nº 10 Ribadavia.
A Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia organiza en colaboración con Arteficial e o Museo Etnolóxico a presentación de varios traballos de Tractora Coop., cooperativa de artistas e cineastas; as presentacións, proxeccións e charlar serán o sábado 11 de febreiro no Museo Etnolóxico.
O próximo venres 25 de novembro, ás 20:15 h teremos no Museo Etnolóxico unha conversa con Vania López Arias sobre a restauración do retablo maior de San Domingos de Ribadavia: criterios de intervención.
Vania López Arias é licenciada en Belas Artes, especialidade de restauración pictórica, pola Universidade de Granada.
Maribel Outeiriño autora do libro: Anuncios. Historia del Comercio Orensano a través de la Publicidad 1863-1939 presentará o seu libro este venres 18 de novembro ás 20.15 h. no Museo Etnolóxico a vez que terá unha conversa sobre o seu traballo de recompilación de anuncios por distintas bibliotecas, arquivos e centros de documentación entre os que se encontra a Biblioteca do Museo Etnolóxico.
O próximo venres 4 de novembro, ás 20:30 hteremos no Museo Etnolóxico unha conversa con Begoña Ces Fernández, Arquitecta e Máster en Rehabilitación Arquitectónica pola Universidade da Coruña sobre os efectos no Ribeiro do coñecido como o Gran Terremoto de Lisboa.
Neste 2016 as cuartas Miradas Etnográficas do ciclo Cine de Outono botan unha ollada cara algunhas poboacións que foron anegadas para construír encoros e como se enfrontan a esta situación as xentes que viven neses lugares de Galicia, de Rusia e da China.
Este ano 2016 o festival Espazos Sonoros: músicas en espazos de interese cultural desenvolve unha das súas actividades en Ribadavia, será o sábado 10 de setembro, consistirá nun roteiro fluvial de Ribadavia a Francelos e no concerto de Tres Pesos.
ROTEIRO FLUVIAL:
O NACEMENTO DO VIOLONCHELO
Ester Domingo Sancho
Violonchelo barroco
31 de agosto ás 20.30 h. no local social da "Igrexa da Madalena" Ribadavia
Conferencia:
As orixes do santuario Catedral de Santiago
Prof.Dr.D. José Suárez Otero
Universidade de Santiago de Compostela