Actividades
A sexta edición do ciclo de cinema Marxes Fílmicas, este 2017, está adicado o cinema feito en Irán colaboración co Cineclube Padre Feijoo de Ourense e a Federación de Cineclubes de Galicia.
Durante a primeira quincena de xullo os luns e mércores (3, 5, 10 e 12 de xullo) no patio do Museo Etnolóxico pola fresca ás 22.00 h. poderemos gozar de catro Noites Persas, en versión orixinal subtituladas.
"Relacións entre Galicia e as Illas Británicas a comezos da Idade Media"
con Xoel Rodríguez Martínez bolseiro da Xunta de Galicia no Museo Etnolóxico
xoves 29 de xuño ás 20.00 h
20:30 h: presentación do libro «Arístides de Sousa o Schindler portugués» de Vicente Piñeiro.
Acompañarán ao autor na presentación Clodio González Pérez e José Ramón Estévez.
Este sábado 1 de abril ás 20:00 h no salón de actos do Museo Etnolóxico proxectarase coa colaboración do Concello de Vilaboa (Pontevedra) e a Sociedade Antropolóxica Galega o documental: "Madamas e galáns. Historia do entroido de Cobres" promovido pola Asociación Cultural de Cobres e o Concello de Vilaboa, dirixido e producido polos antropólogos Rafael Quintiá e Miguel Alonso, xunto co etnógrafo Xosé Anxo Rosales.