Outras Actividades

Conmemoramos o Día Internacional dos Museos cun Percorrido polo Museo Etnolóxico.

18 de Maio do 2021

Homenaxe a Fr. Samuel Eiján O.F.M. no 100 [+1] anos da publicación de "Historia de Ribadavia y sus alrededores"

Unha proposta acaída ao tema deste ano 2020 no Día Internacional dos Museos #DIM2020 «Museos pola igualdade: diversidade e inclusión» a presentación en audiovisual da liña de traballo que o Museo Etnolóxico veu desenvolvendo dende o inicio do confinamento de 2020, motivado pola Covid_19, con centros da terceira idade, buscando superar a fenda dixital, mediante a inclusión de persoas na marxe das novas redes soiciais na actividade do Museo co envío de postais e xornais dixitais, transformados en analóxico graza

Todos os anos o 23 de Abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro, cada ano as actividades de bibliotecas, librerías, editoriais son variadas e diversas: conferencias, sinaturas de libros, feiras de libros... este ano toca reinventarse. 
 
Desde a Biblioteca do Museo Etnolóxico e en relación ao concurso organizado na internet polo Museo Etnolóxico propomos:
 
CONCURSO ABERTO DO 8 AO 20 DE ABRIL
 

Seguro que coñeces: refráns, ditos, cantigas, regueifas, contos populares, cancións sobre o mes de ABRIL:

o mes de abril e o tempo

o mes de abril e o campo
o mes de abril e o mar
o mes de abril e o tempo
o mes de abril e a natureza
o mes de abril e o traballo
o mes de abril e os amores...

Venres día 20 de abril ás 20.30 h no salón de actos do Museo Etnolóxico en Ribadavia adiantamos a celebración do Día Internacional do Libro coa presentación do libro: Museo aberto: saltando valados, nunha edición trilingüe galego, castelán e inglés recóllese a análise do programa Museo aberto.
 

 

O Consello Internacional de Museos ICOM propón para celebrar o Día Internacional dos Museos (18 de maio) neste ano 2017 o tema: Museos historias controvertidas: decir o indecible nos Museos co obxectivo de sensibilizar ao público sobre o feito de que os museos son un medio para o intercambio e difusión de todo tipo de culturas.