Outras Actividades

 

📍 Museo do Viño de Galicia
🗓️ 26 de xuño
⏰ 7:30h da tarde
🎟️ Entrada de balde ata completar capacidade

 

O vindeiro 26 de xuño ás 7:30h tarde, o Museo do Viño de Galicia acollerá a presentación de O patrimonio do viño. Ruta polas adegas e camiños de Valdeorras, unha publicación de Josué Fernández Guerra que nos convida a descubrir a riqueza cultural, histórica e paisaxística dun dos territorios vitivinícolas máis singulares de Galicia.

Do 26 de Xuño do 2026 ao 26 de Xuño do 2026 - 7:30h de la tarde

O sábado día 18 seguimos cos obradoiros creativos, nesta ocasión adicado a perfumes da natureza. Neste obradoiro achegámonos aos aromas que nos ofrece a natureza e viaxamos aos saberes tradicionais, relacionados co uso das plantas aromáticas. Os nenos e nenas aprenderan a crear seu propio perfume natural a partir de flores, froitas e especies.

Do 18 de Abril do 2026 ao 18 de Abril do 2026 - 11.30h. a 13.15 h.

O Museo Etnolóxico de Ribadavia acollerá o venres 29 de novembro ás 12:00 h o encontro cultural “Castelao e a perspectiva de xénero”, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Do 29 de Novembro do 2025 ao 19 de Novembro do 2025 - 12:00h

O vindeiro sábado, 22 de novembro ás 17:00 h, o Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle unha xornada moi especial dedicada á tradición oral galega e ás nosas cantareiras.

Do 22 de Novembro do 2025 ao 5 de Xaneiro do 2026 - 17:00 h

O pasado 30 de outubro tivo lugar unha nova actividade vinculada á exposición Territorios en tránsito: afluencias e influencias. Jesús Madriñán e a colección do Museo Etnolóxico, nesta ocasión o museo saíu fora para que a actividade fora desenvolvida nas instalacións da Fundación Hospital Asilo Nosa Señora dos Anxos, facilitando a accesibilidade dos seus usuarios ós programas do museo.

30 de Outubro do 2025

O pasado 18 de setembro, no marco da exposición Territorios en tránsito: afluencias e influencias. Jesús Madriñán e a colección do Museo Etnolóxico, tivo lugar unha actividade que puxo no centro a reflexión sobre a mobilidade humana a través dun espazo de encontro interxeracional.

18 de Setembro do 2025

O vindeiro 18 de xuño ás 18:00h, convidámoste á inauguración da mostra final do curso de Fotografía Participativa para a recuperación da memoria que facilitou Sara Garchi no Museo Etnolóxico entre setembro e decembro do 2024.

18 de Xuño do 2025 - 18:00h

O xoves 29 de maio, ás 20:00h, no Museo Etnolóxico, inauguración da exposición “Territorios en tránsito: Afluencias e influencias. Jesús Madriñán e a colección do Museo Etnolóxico”

29 de Maio do 2025 - 20:00h

Presentación do catálogo "Memoria e Azougue. A linaxe dos Llanos (1897-1970)"

4 de Abril do 2025 - 7 da tarde