Actividades

Percorrido de Pilar Vilaboi polas tradicións festeiras do oitavo mes do ano, o mes da malla.

1 de Agosto do 2020

Tradicionalmente xullo é o mes da sega e como todos os meses ten asociados refráns, ditos, cantigas... relacionados cos ciclos da natureza.

1 de Xullo do 2020

Nesta etapa da desescalada que aínda non podemos celebrar festas de forma presencial, este texto escrito por Pilar Vilaboi, consegue que viaxemos coa emoción a distintas tradicións festeiras do mes de xuño en Galicia.

1 de Xuño do 2020

O 3 de xuño de 2016 terá lugar en Ribadavia (Ourense) no Museo Etnolóxico, organizada pola Biblioteca do Museo, a III xornada sobre bibliotecas especializadas este ano co título: "Xestión de documentos singulares".

3 de Xuño do 2016 - 17:00-20:30 h

Homenaxe a Fr. Samuel Eiján O.F.M. no 100 [+1] anos da publicación de "Historia de Ribadavia y sus alrededores"

Este 2020, ano da pandemia Covid_19, a oitava edición do ciclo de cine do outono: Miradas Etnográficas será no Centro Social da Igrexa da Madalena, cunha escolla especial de filmes para celebrar o 50 aniversario do Cineclube Padre Feijoo de Ourense, que colabora neste ciclo desde o seu inicio na selección e proxección dos filmes. 

O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, neste ano de pandemia e de restricións ´e moi acaído o lema proposto polo Ministerio de Cultura "Bibliotecas sempre ao teu carón"

Concerto Davide Salvado e Pedro Pascual

Cando? sábado 3 de outubro ás 18.                                    

Onde?:  patio do Museo Etnolóxico

 capacidade limitada, entrada por orde de chegada 

A novena edición do ciclo de cinema: Marxes Fílmicas, coincide co 50 aniversario do  Cineclube Padre Feijoo  grazas á xente, que a partes iguais de profesionalidade e voluntarismo forman parte deste cineclube, e coa súa suxestión iniciamos en 2012 este ciclo; neste 2020 e dentro dunha realidade especial continúa no Patio do Museo Etnolóxico.