Fondo Hipólito Fernández González

Share

Integrado no Fondo Margarita Mosquera e formado polo arquivo persoal do autor e conservado pola súa viúva, contén a actividade fotográfica deste fotógrafo ribadaviense que transcorreu entre a influencia da fotografía de salón nunha primeira etapa como afeccionado, ata a súa produción como profesional, e membro fundador do «Grupo 77», adicada á actividade publicitaria e editorial. Así, no seu repertorio é posible atopar dende imaxes das rúas e das xentes do Ribeiro, ata unha interesante serie publicitaria realizada para adegas da comarca.