Fondo Mila Rodero

Share

Milagros Rodero Carrasco, madrileña de Teruel, tras estudar Historia da Arte na Universidad Complutense de Madrid e Cinematografía na Universidad de Valladolid, un obradoiro impartido por Marc Riboud no Círculo de Bellas Artes de Madrid, fará que se adique profesionalmente á fotografía «sen ningunha pretensión artística», completando a súa formación con cursos de fotografía na University of California San Diego (USA). A súa participación en mostras colectivas e individuais de fotografía é continua dende o ano 1990 (San Diego, Madrid, Toledo e Ribadavia, etc.), compaxinando esta actividade coa docencia e a publicación de libros e catálogos; ten obra en coleccións da Comunidad de Madrid, da Caja Castilla-La Mancha, Fonds Dólot. Fotografía, etc. A colección no MER é o resultado dun encargo do Museo que pretende retratar a xentes de oficio ourensás, co obxectivo de reflexionar sobre a evolución dos oficios cara á súa adaptación ao mercado capitalista.