Entroido de Covelo ca figura do Rei á cabeza da comitiva dos danzantes subindo ao Coto da Raíña.
Cofradía de pescadores de Laxe levando en procesión a imaxe da Virxe do Carme nun simulacro de naufraxio
Fernando García Fernández é un fotógrafo documentalista de longa traxectoria; o seu fondo depositado no MER está formado por imaxes que abarcan un cumprido abano de temas de interese antropolóxico recollidas por case toda Galicia, dende festas, romarías, celebracións do ciclo anual, festas gastronómicas e neotradicións ata manifestacións deportivas e políticas.