Nacho Romero

Share

Ignacio Romero Sánchez, historiador da Arte e profesor de Técnicas e Procedementos de Imaxe e Son na Escola de Imaxe e Son da Coruña, inicia a súa carreira fotográfica na súa época de estudante universitario; ten traballado para axencias e xornais; é fundador, con Ángel Cordero e Rodrigo González Romano, da empresa Ran Foto, dedicada á fotografía industrial e publicitaria; galardoado con varios premios, vén participando en exposicións individuais e colectivas dende 1983. Ten doado ao MER unha das fotografías incluídas na exposición Vías de Extinción, mostra do Outono Fotográfico no MER o ano 2010.