Foto Bene

Share

Benedicto Conde González mordomo, taxista, pintor, periodista, escritor... e fotógrafo. Formado na Escola de Artes e Oficios de Vigo e na Escola de Xornalismo do diario madrileño El Debate, exerceu o xornalismo en El Pueblo Gallego, El Faro de Vigo, na Hoja del Lunes de Vigo e como correspondente da Axencia Logos, tendo obtido varios premios; como fotógrafo cabe destacar, ademais da súa participación na fundación da Agrupación Fotográfica Gallega e ter participado en salóns, nos que foi premiado en varias ocasións, a súa labor como fotógrafo de rúa cunha fonda sensibilidade relixiosa. No seu fondo atopamos dende imaxes de Colmeiro, Blanco Amor ou Castroviejo, ata anónimos pescadores, redeiras, varredores, oficinistas... pasando por paisaxes de vilas, pobos e cidades e mesmo actos relixiosos e políticos ou escenas dun cámping ou fotografías do patrimonio cultural; de Galicia sobre todo, pero tamén imaxes feitas nas súas viaxes por España, Portugal, Francia ou Arxentina.