Integrantes dunha comparsa do Entroido na galería da antiga sede do «Club Artístico».
Grupo de persoas na galería da antiga sede do «Club Artístico».
Membro dunha das ramas da familia ribadaviense de fotógrafos, Luis Olivares Chao «Foto Olivares» inicia a súa actividade profesional nos anos sesenta do século pasado en Ribadavia, onde permanece ata o ano 1975 en que se incorpora como responsable da sección de fotografía ao centro de «El Corte Inglés» en Vigo, cidade onde formará durante algún tempo -xunto a Juan Antonio Gómez Vázquez- a sociedade Foto-Asociación. No seu fondo encontramos dende reportaxes da vida social ribadaviense, ata interesantes imaxes de carácter etnográfico e mesmo arqueolóxico industrial.