Vista da praza da Madalena
Vista xeral da vila de Ribadavia dende a ponte de San Francisco.
Xeólogo, profesor de Didáctica das Ciencias Experimentais da Universidade de Vigo; de temperá afección á fotografía, ten participado con éxito en concursos fotográficos, a súa obra nos fondos do Museo Etnolóxico está conformada por unha serie de vistas das rúas e prazas de Ribadavia, feitas a mediados dos anos setenta do século XX.