Foto Chao

Share

Colección formada pola produción da saga de fotógrafos ribadavienses iniciada por Serafín Rodríguez Rodríguez circa 1870 e continuada, tralo seu pasamento en 1907, sucesivamente polo seu cuñado Luis Chao, por Amando Pérez e, finalmente, por Toñito Pérez Chao e Milucho Pérez Chao, con quen se pecha o Estudio tras a súa xubilación no ano 2005. Máis dun século de actividade ininterrompida na cal foron rexistrando coas súas cámaras aos habitantes da Vila e do Ribeiro, dende os momentos de celebración ata as fotografías esixidas polos trámites administrativos, dende as feitas no estudio ata as realizadas ao ar libre, por exemplo en Avión ou na Cañiza; produción completada coa actividade desenvolvida como fotógrafos de prensa e mesmo forense. Un arquivo de especial interese para un Museo Etnolóxico que ten entre os seus fins o estudo e a posta en valor da vida cotiá nesta comarca, pois contén unha boa parte da documentación visual existente sobre as persoas que ao longo do século XX construíron esta terra e foron os protagonistas da súa historia.

Documentos