Acerca do autor desta colección apenas podemos facer suxestións; probablemente se trata de Salvador López, natural de Curuxas, Santa Mariña de Asadur, Maceda, Ourense; que ao seu retorno de Cuba teríase dedicado á fotografía ambulante, sendo habitual a súa presenza nas feiras da comarca entre os anos 1950 e a década de 1970. Na súa obra predominan as fotografías de familia sobre outro tipo: bautizos, primeiras comuñóns, vodas, etc. chamando a atención a proporción de imaxes de muller con nenos, que fan pensar en fotografías destinadas a enviar a parentes emigrados; o fondo inclúe tamén algunhas imaxes do mundo do traballo.
Foto nun exterior dun neno de pé, diante dunha saba que sostén un home tocado cunha pucha.
Negativo con dúas fotografías nun exterior, a da esquerda aparece unha nena de pé nunhas escaleira sostendo unha boneca e a seu carón un can; na da dereita aparecen dous homes e unha muller cun tenreiro. Realizadas no lugar de Outeiro do Cabo (Asadur, Maceda).